Galego
A crítica dos Estados Unidos escribiu estes titulares: “un guitarrista de talento e un expoñente artístico da cultura española”, “un concerto perfecto de musicalidade conmovedora”, “un mestre da guitarra clásica” ou "sen dúbida, este debut no Carnegie Hall foi un éxito".
En 2008 debutou no Carnegie Hall de Nova York e nos festivais de guitarra de Chicago, Columbia, Miami, Los Angeles, Indianapolis, Smolensk, Kiev, Moscú, Québec, Calcuta, Nova Delhi, Rio de Janeiro, São Paulo, México, Bangkok, Túnez, Tokio, Shanghai e Wuhan.
Ten gravado dous discos: "Rincón mágico: obra completa para guitarra de Joaquín Turina" e "Al pie de una guitarra: música para guitarra inspirada en la poesía de Miguel Hernández".
Dende os estudos elementais do instrumento recibíu clases do guitarrista David Russell, quen ten influido de maneira transcendental na súa concepción da guitarra e quen escribiu: “é un excelente intérprete, cun son redondo e forte, áxil técnica e capaz de crear maxia co seu fraseo musical”.
Foi portada de Classical Guitar Magazine en Londres e entrevistado pola revista Gendai Guitar en Tokio.
Copyright © 2024 José Manuel Dapena. All rights reserved.