March 29, 2019 - Ourense, Spain

Festival Música do Camiño de Ourense
Concert with Rosana Orsini, soprano and Cuarteto Alicerce
http://www.ourensecultura.com

Festival Música do Camiño de Ourense
Venres, 29 marzo 2019 - 20:30h
Igrexa de Santa Eufemia
Concellaría de Cultura de Ourense
Patrocina:
Xunta de Galicia & Xacobeo 2021

Rosana Orsini, soprano
Cuarteto Alicerce
José Manuel Dapena, guitarra romántica
“Stabat Mater”

http://cuartetoalicerce.com/wp-content/uploads/2019/03/29_marzo_2019_Diptico_Festival_Musica_do_camino_Ourense.pdf

Programa

Joseph Haydn (1732-1809)
Cuarteto Hob.III:6 (liuto obligato)
Presto assai
Menuetto
Adagio
Menuetto
Finale: Allegro

Luigi Boccherini (1743–1805)
Stabat Mater, G.532 (Versión orixinal 1781)
Stabat mater dolorosa, Grave assai
Cujus animam gementem, Allegro
Quae moerebat et dolebat, Allegretto con moto
Quis est homo, Adagio assai – Recitativo
Pro peccatis suae gentis, Allegretto
Eja mater, fons amoris, Larghetto non tanto
Tui nati vulnerati, Allegro vivo
Virgo virginum praeclara, Andantino
Fac ut portem Christi mortem, Larghetto
Fac me plagis vulnerari, Allegro comodo
Quando corpus morietur, Andante lento

Rosana Orsini, soprano
Jorge Montes, violin
Roberto Santamarina, violin
María José Pámpano, viola
Carlos García Amigo, cello
José Manuel Dapena, guitarra romántica

Instrumentos de época - Cordas de tripa
Violin I: Anónimo, Inglaterra, XVIII
Violin II: François Salzard, Francia, ca. 1840
Viola: Jan Pawlikowski, Krakow, copia de Andrea Guarneri (1626–1698)
Cello: Anónimo, Francia, XIX
Guitarra: Luis Cepeda, Ourense, copia de Antonio de Lorca (1798-1870)

Textos: Latín & Galego

Stabat Mater dolorosa
Juxta crucem lacrymosa,
Dum pendebat Filius.

Doída estaba a Nai
chorando xunto á cruz
mentres o Fillo colgaba.

Cujus animam gementem,
Contristatam et dolentem,
Pertransivit gladius.

E á súa alma, que xemía,
contristada e dolorida
unha espada atravesou.

Quae moerebat et dolebat,
Pia Mater, dum videbat
Nati poenas inclyti.

Dolorosa e triste estaba
a piadosa Nai, mentres vía
os tormentos do seu ilustre Fillo.

Quis est homo, qui non fleret,
Matrem Christi si videret
In tanto supplicio?

Que home non choraría,
vendo á Nai de Cristo
en semellante suplicio?

Pro peccatis suae gentis
Vidit Jesum in tormentis,
Et flagellis subditum.

Por mor dos pecados do seu pobo
viu a Xesús no tormento,
e sometido ao flagelo.

Eja Mater, fons amoris,
Me sentire vim doloris
Fac, ut tecum lugeam

¡Oh, Nai, fontana do amor!
Faime sentir da túa dor
para que chore contigo.

Tui nati vulnerati,
Tam dignati pro me pati,
Poenas mecum divide.

Do teu Fillo lacerado,
que tanto se dignou sufrir por min,
comparte comigo as penas.

Virgo virginum praeclara,
Mihi jam non sis amara
Fac me tecum plangere

Estar xunto a ti cabo a cruz,
participar do teu choro:
iso é o que desexo.

Fac, ut portem Christi mortem,
Passionis fac consortem,
Et plagas recolere.

Faime portar a morte de Cristo,
faime da paixón partícipe,
e que venere as súas llagas.

Fac me plagis vulnerari,
Fac me cruce inebriari,
Et cruore Filii.

Fai que as súas feridas me laceren,
fai que me embriaguen a cruz ,
e o sangue do teu Fillo.

Quando corpus morietur,
Fac, ut animae donetur
Paradisi gloria.
Amen.

Cando morra o meu corpo,
fai que sexa entregada a miña alma
á gloria do Paraíso.
Amén.

Rosana Orsini, soprano
Licenciada en canto pola universidade de Minas Gerais en Brasil obtivo o seu máster na Manhattan School of Music de Nova York así coma posgrao pola Royal Academy of Music de Londres e con Antonio Florio de música antiga no Conservatorio di San Pietro a Majellaen Nápoles. E doutora en Historia pola Sorbonne de París e Ciencias Musicais pola Universidade de Lisboa.
Rosana Orsini xa se presentou en teatros de prestixio, salas de concertos e festivais internacionais de música en Europa e nas tres Américas. Fundadora do grupo Favola d'Argo.
The Washington Post dixo de ela: "Ten unha voz lixeira e áxil que se adapta perfectamente ás obras. Unha presentación sincera e un excelente concerto".

Jorge Montes, violín
Nacido na Coruña en 1982, estuda violín e música de cámara con Keiko Wataya e Charles-André Linale na Hogeschool voor de Kunsten de Utrecht, ampliando a sua formación con G. Carmignola en Siena. Ofreceu numerosos concertos en España, Holanda, Portugal, Francia, Alemania, Bélgica, Ucrania, Polonia, Italia, Xapón, Arxentina, Chile, Uruguay e Brasil. É membro fundador do ensemble s21 e Ars Combinatoria. Na actualidade é profesor de violín do Conservatorio de Ferrol así como director da Orquesta de Nenos da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Roberto Santamarina, violín
Realiza os seus estudos de violín en Santiago sendo bolseiro polo IGAEM para ampliar a súa formación en Oviedo con Yuri Nashuskin e en Salamanca con Angel Sampedro, Emilio Moreno e Eduardo López Banzo. A nivel camerístico recibiu clases do Trio Fontenay, Cuarteto Moravo, Cuarteto Sedlâcek, Jesse Levine e os Virtuosos de Moscú. É integrante de grupos especializados en música antiga e interpretación histórica como Martín Códax, Grupo 1500, Favola D´Argo e “Il Combatimentto”. Actualmente é profesor de violín no Conservatorio de Santiago de Compostela.

María José Pámpano, viola
Realiza os seus estudos de violín en Vigo e con Nikolay Velikov en Santiago. Interesada na interpretación histórica, amplía a súa formación coa prestixiosa violinista Amandine Beyer en Oporto cunha tese “A técnica chin-off na interpretación do violín nos S. XVII e XVIII”, ademais dos profesores Mira Glodeannu, Enrico Gatti, Pedro Gandía, Ángel Sampedro, Lucy van Dael, Peter Spissky e Manfredo Kramer. Colaborou coa orquestra barroca dos conservatorios de Salamanca, Bruxelas, Amsterdam e Malmo. Ben como violinista ou como violista, participou coa Orquestra Barroca de Venecia, Porto, Norte do Sul e os grupo Ars Combinatoria e o recoñecido emsemble Gli Incogniti.

Carlos García Amigo, cello
Nace na Coruña en 1973 onde inicia os estudos musicais co seu pai. Entre os seus mestres destacan Lito Igrexas, Dalibor Sebestik, Gregor Hosch, Monique Bartels e Antoine Ladrette. Foi bolseiro pola Fundación Barrié da Maza para completar os seus estudos en Holanda. É un activo instrumentista no campo da interpretación con instrumentos de época, o que lle levou a colaborar con diferentes grupos de España e Portugal entre os que destacan Ars Combinatoria, Alio Modo, Il Combatimentto e Americantiga. En 2001 ingresa na Real Filharmonía de Galicia coa que actuou en Francia, Portugal, Arxentina, Brasil e Cuba. Prioriza a súa dedicación á súa canle en Youtube sobre violoncelo, o taichi e o seu outra gran paixón que é correr.

José Manuel Dapena, guitarra romántica
Desde os estudos elementais do instrumento recibiu clases do guitarrista David Russell. Gravou dous discos: “Rincón mágico: Obra completa para guitarra de Joaquín Turina” e “Al pie de una guitarra: Música para guitarra inspirada en la poseía de Miguel Hernández”. En 2008 debutó no Carnegie Hall de Nova York e recientemente nos festivales de guitarra de Columbia, Chicago, Miami, Kiev, Madeira, Mexico, Sao Paulo, Bangkok, Kirov, Túnez, Nova Delhi, Moscú e Shanghai.

Alicerce no idioma galego posúe tres acepcións que teñen en común a importancia da base na construcción dun proxecto: “Un edificio con sólidos alicerces”. Os integrantes do cuarteto entenden que eses principios de solidez veñen dados dende varios camiños. Un deles, quizáis o más importante, sexa a amizade xestada a través dos anos entre os catro e articulada a través de diferentes proxectos musicais. Outros deses camiños son o repertorio que deciden afrontar e o xeito de facelo: música para cuarteto dos períodos clásico e primeiro romanticismo europeos interpretada con instrumentos encordados en tripa.

www.rosanaorsini.com
www.cuartetoalicerce.com
www.manueldapena.com